Exposición de pintura e teatro o día 9 de abril en Bóveda

O Concello de Bóveda retoma este mes de abril a dinamización do espazo expositivo do Centro Sociocultural que se vira afectado pola pandemia cunha ‘Inauguración con aperitivo’ da obra pictórica dun veciño da localidade: ‘El danés’ o día 9 ás 19:00 horas.
 
 
Ata agora, nesta época de restricción de aforos, as exposición que se viñan realizando eran as organizadas polo Concello de Bóveda, pero agora o espazo expositivo ábrese de novo a aqueles artistas que o queiran empregar como sala de mostras.
 
 
 
A maiores, tamén o día 9 de abril, volve o ciclo de expresións teatrais coa representación de ‘A tortilla e a peste’ a cargo de Nova Escena Teatro no Centro Sociocultural ás 20:00 horas.
 

También te podría gustar...