exposición de capas tradicionais da Serra do Caurel e Quiroga O vindeiro luns día 14 de xullo, as 19:00h, inaugurarase a ‘Exposición de capas tradicionais da Serra do Caurel e Quiroga’ no Museo Etnográfico de Quiroga.

Para todos aqueles que estedes interesados en ver a exposición, ter en conta que poderéis realizala vosa visita durante os meses de xullo, agosto e setembro no horario habitual do museo (luns a venres de 10-14 h, sábados, domingos e festivos de 12-13 h).