Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia  Autor: Ana Varela

Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia
Autor: Ana Varela

Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia, onde coñeceron o funcionamento deste departamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A Xunta organiza estas xornadas de formación, co fin de achegar aos cidadáns a metereoloxía. Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros adscritos como aos de diversas asociacións. Para elo, ademais de incluír visitas ás instalacións de MeteoGalicia en San Lázaro, tamén explícanse os pasos esenciais que se deben dar para realizar pronósticos metereolóxicos.

En primeiro lugar, darase a benvida e amosarase a sala de predición, onde se explicarán as ferramentas que usan os preditores para levar a cabo o seu traballo, así como se explicarán unhas ideas básicas do proceso de predición meteorolóxica. Farase especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición.

Farase tamén unha breve presentación, que suporá unha iniciación á Meteoroloxía e á Climatoloxía. No caso de alumnos de Primaria e Secundaria repásanse os conceptos de: diferenza entre tempo e clima, ciclo hidrolóxico, borrascas e anticiclóns, frontes, furacáns, tornados e imaxes de satélite, entre outros.