Escudo de QuirogaO Concello de Quiroga, a través da Biblioteca Pública Municipal, co gallo da celebración do Día Mundial  da Poesía; ten programado un espectáculo de maxia e música a cargo do mago Martín Camiña e o músico Álvaro Muras “ Máxicos Sons, Unha Aventura entre Libros”.  Terá lugar  o sábado, día 21,  ás 19:00h na Casa da Cultura.

Esta actividade, dirixida a todos os públicos,  está  integrada no programa de animación á lectura “ Ler Conta Moito” da  Secretaría Xeral de Cultura  que promove esta iniciativa para avanzar na creación e consolidación dos hábitos de lectura, así como no impulso da biblioteca como espazo para medrar, continuar formándonos e informándonos.