En setembro remata o prazo para presentar orixinais para o XXXIV premio de novela “Blanco Amor”

1Fachada DeputacinO vindeiro 14 de setembro remata o prazo para presentar traballos para o XXIV premio de novela “Blanco Amor” de novela longa, data na que se cumpre o 118 aniversario do nacemento en Ourense de Eduardo Blanco-Amor. Este premio literario que se creou, como iniciativa do Concello de Redondela, no ano 1981 e que nesta ocasión está organizado pola Deputación de Ourense, ten unha dotación económica de 12.000 euros. Poden participar todos os autores que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As obras terán que ser inéditas e de cada unha delas presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa do Progreso, n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior “Para o XXXIV Premio Blanco Amor”. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor, o seu teléfono e enderezo electrónico.

As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos. Achegaranse tamén en soporte informático. O xurado fará público o seu veredicto o 27 de novembro de 2015 e a entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense o 1 de decembro de 2015, no día do 36 cabodano do autor de A Esmorga.

Para máis información poden consultarse as bases na páxina web da Deputación de Ourense no seguinte enlace: http://www.depourense.es/index.php/es/premio-blanco-amor

También te podría gustar...