Economía e Industria destina preto de 5 millóns ao impulso da mellora da competitividade industrial en 55 concellos galegos

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Economía e Industria vén de resolver unha nova convocatoria do programa de apoios municipais para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos, que este ano sumou preto de 5 millóns e permitirá impulsar a mellora da competitividade industrial en 55 concellos galegos. Deste xeito, promóvese a actividade empresarial nos municipios contribuíndo á xeración postos de traballo.

Este programa súmase ao importante labor de colaboración que a Consellería está a desempeñar coas administracións locais. De feito, a partida orzamentaria vese incrementada en medio millón de euros con respecto á anterior edición, sumando a contía máis importante dos últimos 6 anos. Apóianse así distintas iniciativas que abarcan eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia. Trátase dun total de 69 proxectos, que poden chegar a alcanzar un apoio máximo de 120.000 euros por proxecto.

Cómpre salientar que cerca da metade dos concellos beneficiados encádranse nas provincias de Lugo e Ourense, correspondendo á provincia da Coruña o 40% e á de Pontevedra preto do 20%.

Para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas. Un obxectivo prioritario para o Goberno galego, que nos últimos 6 anos leva destinados máis de 21 millóns de euros a este programa.

Trala finalización dos traballos, cabe sinalar que se terán impulsado preto de 300 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade co obxectivo de atraer investimentos para os concellos galegos.