O director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o secretario de Estado da Casa Civil do Goberno de Río de Janeiro, Leonardo Espíndola

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o secretario de Estado da Casa Civil do Goberno de Río de Janeiro, Leonardo Espíndola

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou onte o traballo da empresa Organistry como proxecto emprendedor innovador e con potencial para traballar, desde Bergondo, para industrias farmacéuticas con base en Madrid ou Barcelona. Neste sentido, declarou que empresas así son as que necesita Galicia para reinventar o seu tecido produtivo de acordo co previsto na Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0.

Aguilera salientou que, a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Economía e Industria dispón na actualidade de servizos e instrumentos de axuda para impulsar os proxectos da Industria 4.0. En concreto, o director do Igape referiuse a liñas de apoio aos novos investimentos como os préstamos directos con fondos BEI, con xuros especialmente competitivos, prazos de ata 11 anos e importes de ata 1,8 millóns de euros.

Organistry Servicios de I+D é unha empresa galega independente fundada para prestar servizos de innovación e desenvolvemento á medida nos campos da química sintética e analítica. A súa localización en Bergondo supón unha vantaxe competitiva que facilita o acceso ao equipamento tecnolóxico dos Servizos de Apoio á Investigación da Universidade de A Coruña, cunhas tarifas menores ás ofrecidas en Madrid ou Barcelona, onde se atopan os seus principais clientes. Por isto, para a compañía galega a súa localización supón unha vantaxe competitiva.

Cabe dicir que Organistry foi cualificada como empresa Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia. Ademais, os seus investimentos foron apoiados polo Igape a través do programa Galicia Emprende.