Domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir no 2016

O DOG publica hoxe os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir no 2016.

  • As 10 datas foron consultadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coas principais organizacións representativas do comercio galego e dos consumidores
  • Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características
  • Estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, que goza de liberdade horaria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2016.

Ponte Vella Centro Comercial y Ocio (Ourense)

Ponte Vella Centro Comercial y Ocio (Ourense)

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que como en anos anteriores e tal e como marca a normativa serán 10, repártense do seguinte xeito: os domingos 3 e 10 de xaneiro; o 24 de marzo, festividade de Xoves Santo; o domingo 3 de xullo; o domingo 24 de xullo, véspera do Día de Galicia; o 1 de novembro, Todos os Santos; e os domingos 4, 11 e 18 de decembro; así como o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

También te podría gustar...