• O venres Bóveda celebrou a despedida do Campamento infantil de Verán
 
Os nenos e nenas que formaron parte do Campamento de Verán organizado polo Concello de Bóveda despedíronse o pasado venres despois dun mes de numerosas actividades e xogos.
 
Cada semana estivo dedicada a un libro arredor do que xiraron as actividades. Moitas delas leváronse a cabo ao aire libre.
 
Ademais dunha merenda tamén houbo tempo para desfrutar de xogos inchables.
 
O Concello agradece o bo comportamento de todos e todas e o traballo levado a cabo polos responsables do campamento.
 
  • Imaxes