Declarada como medida preventiva a «Situación 2» no incendio forestal activo rexistrado en Ourense, parroquia de Cudeiro

Pequeño incendioA Consellería do Medio Rural e do Mar declarou esta tarde/noite, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Ourense, parroquia de Cudeiro. Esta situación operativa de emerxencia declárase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.

O lume iniciouse ás 16:10 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 3 axentes forestais, 8 brigadas, 6 motobombas, 2 helicópteros e 9 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te podría gustar...