DIADASLETRAS

A formación Riada Cidadá coidan que ante o lamentable descenso do número de falantes galegos no Concello de O Barco, que constatan os recentes estudos das tres universidades, é necesario tomar medidas urxentes.

Dende a candidatura de Riada Cidadá para as eleccións municipais do 24 de maio comprométense a traballar por restaurar a “cadea de transmisión”. Queren que os pais e avós segan a aprender aos fillos e fillas a fala na casa e que os medios de comunicación de masas colaboraren nesta laboura, porque consideran a lingua como un ben común a defender por todos.

Coidan que non se pode negar que os centros educativos axudan pouco cando sucede que, na base, as escolas infantís en moitos casos fan caso omiso da lingua de procedencia dos que aínda foran educados en galego.

Os poderes públicos, o concello de O Barco, non son alleos a este declive da lingua e deben impulsar para correxilo políticas activas de promoción e dotar de recursos suficientes ás áreas administrativas como medida previa para revitalizar o seu uso e prestixiar a nosa propia lingua. Nesa tarefa, facilitando a discriminación positiva do galego en todas as facetas da política e xestión municipal, estarán os concelleiros que representen a Ríada Cidadá no Concello de O Barco.