• A XUNTA PARTICIPA EN OURENSE NUN DEBATE PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN APES SOBRE A NECESIDADE DE PREVIR O ACOSO ESCOLAR

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu hoxe ao debate promovido Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES), en colaboración co Espazo Xove Ourense, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de previr o acoso escolar. No encontro participaron os alumnos de cinco centros educativos da cidade: Concepción Arenal, Cisneros, Divina Pastora, Luis Vives e Santo Cristo. O debate contou, ademais, con representantes das administracións públicas, asociacións empresariais, Apas, medios de comunicación, e policía, entre outros.

290915 debate acoso escolar APES

O encontro serviu como punto de partida para que APES tutorice nalgúns dos colexios participantes diversos proxectos de prevención do bullying nas aulas.