De Perto no Barco e trinta e sete festivais e certames escénicos e musicais afeccionados benefícianse das axudas de Cultura

  • Trinta e oito festivais e certames escénicos e musicais afeccionados benefícianse das axudas de Cultura
  • A Consellería de Cultura e Educación destina un total de 50.000 euros a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos para financiar esta programación cultural en 2016
  • O Castañazo Rock, a X Mostra de Teatro Xosé Agrelo, as XIV Xornadas Culturais O Fiadeiro e o Festival de Bandas de Música de Galicia, entre os beneficiarios
  • En Valdeorras beneficiario De Perto, espazos de cultura no Barco 

 

Isaías Salazar Trío participantes no De Preto 2015

Isaías Salazar Trío participantes no De Perto 2015

 

A VI Semana de Teatro Cómico de Sarria, o Castañazo Rock, o XXII Festival de Bandas de Música de Galicia de Vila de Cruces, a Mostra de Coros Tradicionais de Cantigas e Agarimos e as XIV Xornadas Culturais O Fiadeiro son algúns dos 38 festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado que se benefician este ano das axudas promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para esta programación cultural, cuxa resolución se publicou no ‘Diario Oficial de Galicia’.

A través dunha liña de subvencións de 50.000 euros dirixida a institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, a Secretaría Xeral de Cultura financia este ano os gastos correntes derivados da realización destes programas e actividades de promoción e difusión cultural desenvolvidos desde o 1 de xaneiro ao 16 de novembro de 2016, con axudas que van desde os 301,11 aos 3.311,71 euros.

A programación cultural de carácter afeccionado que se beneficia este ano da Orde de subvencións do 26 de abril de 2016 da Secretaría Xeral de Cultura inclúe o II Festival de Bandas de Gaitas das Letras Galegas Vila de Xinzo, do Concello de Xinzo de Limia; o Festival Ameixa Rock, promovido pola Asociación Cultural Ameixa Rock; De Perto, espazos de cultura no Barco, do Concello do Barco de Valdeorras; Domingos en Festa, iniciativa da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos; Xoves Musicais, do Concello do Grove; Gadélica, do Concello de Cervo; o Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel, organizado polo Concello de Riós; o VI Live for Madness Metal Fest, da Asociación Cultural Live for Madness; o Festival Rock Rois Arrasa, promovido polo Concello de Rois; o Rosario Orfebre Musical, da Asociación Cultural Tres por Cuatro; a X Mostra de Teatro Xosé Agrelo, promovida polo Concello de Muros; a XXXI Semana de Teatro Afeccionado do Concello do Valadouro; o Certame de Teatro da Estrada, organizado pola Fundación Cultural A Estrada; o Festival Escola de Música de Sober, promovido por este concello lucense; o XXII Festival de Bandas de Música de Galicia do Concello de Vila de Cruces; o Proxecto orquestral do Concello de Cangas; a VI Semana de Teatro Cómico de Sarria; o Morrasound Rock Festival, da Asociación Cultural Fontenla; o X Arteficial, da Asociación Cultural Ecolóxica Arteficial; a XIII Teatrofilia. Mostra de Teatro Amador de Vedra, da Asociación Cultural Papaventos; o XXIII Festival de Bandas de Música de Silleda, promovido pola Asociación Cultural Banda de Música de Silleda; o XVI Festival Xironga, da Asociación Cultural Corbillón; o Festival de Teatro Móvete, da Federación Galega de Teatro Afeccionado; o Castañazo Rock, da Asociación Cultural O Castañazo; o Festival Interritmos Ritmos da Ría, da Asociación de Desarrollo Local Deloa; a Mostra de Coros Tradicionais, da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos; o Festival dos Eidos, da Fundación Uxío Novoneyra; IV Festival Internacional de Teatro Amador Estenarúa, da Asociación Cultural Ti e mais Eu Teatro; o XIX Filandón de Músicas do Caurel, organizado pola Banda de Gaitas do Caurel; o Felipop, da Asociación Felicia; as XIV Xornadas Culturais O Fiadeiro, da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro; o XXII Revoltallo de Música e Cultura Xuvenil, da Asociación Xuntanza Xuvenil de Valadares; a VIII Armadiña Rock, da ACDM Armadiña; Festival Xuventudes Musicais de Sober, Asociación Xuventudes Musicais de Sober; XVII Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei-Teatro no Camiño, Orde das Donas e Cabaleiros Os Lobos; a XI Festival da Chaira, da Asociación Cultural A Chaínza; Á escena os máis pequenos; da Agrupación Musical do Rosal; e Mamá quero cantar, da ANPA da Escola de Música de Mondoñedo.

También te podría gustar...