Dá comezo na AGASP o curso de intervención policial con graffitis

policia-localUn total de 20 persoas comezaron hoxe o curso de intervención policial con graffitis, na Academia Galega de Seguridade Pública, que está destinado integramente aos membros das forzas e corpos de seguridade da nosa Comunidade.

O curso ten como obxectivo principal proporcionar unha formación específica e concreta que dote o alumno dun coñecemento concreto deste tipo de actuacións, e así poida identificar ás distintas modalidades derivadas deste arte urbano, as súas motivacións e formas. Ademais de poder dispoñer de ferramentas que lle permitan indagar e investigar aos seus autores, así como aprender o enfoque xurídico-penal das súas condutas.

As materias a impartir serán entre outras, a historia do graffiti, os aspectos criminolóxicos, os aspectos legais, liñas de investigación, redes sociais, dilixencias no ámbito da intervención policial. Para este curso houbo preto de 150 solicitudes

También te podría gustar...