Plano de acceso ao lugar da plantación en Cachamuiña

Plano de acceso ao lugar da plantación en Cachamuiña

 

A Deputación  de Ourense conmemora mañá venres, 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente cun acto de plantación de árbores a cargo de alumnos do CEIP “Ben Cho Shey”, de Pereiro de Aguiar, no que participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández, e representantes de AquaOurense, Viaqua e a Área de Medio Ambiente da Deputación.

O acto terá lugar na contorna do encoro de Cachamuíña. Ao punto de encontro accédese pola estrada OU-603, entre Ourense e A Derrasa. Na rotonda que da acceso a Monterrei e ao polígono, xirar a esquerda e pasar a coronación da presa de Cachamuiña ata o pobo de Vilar. Dende alí accédese á ribeira do encoro (xúntase plano de situación).