Concerto de ‘SOUL&ROLL’ hoxe na Rúa

  • Hoxe venres 15 de xullo, o bar O Retorno da Rúa acollerá a partires das 23:30h. un concerto a cargo do dueto de versións Soul & Roll
12308424_1663773880544246_2059317448436940226_n
 
SOUL&ROLL
 
Soul & Roll é un dueto en acústico formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista que comezou a súa andaina musical no ano 2013.

Enriba do escenario fan un traballo dun xeito totalmente diferente ao que o público está acostumado , pois son algo máis que unha guitarra e unha voz; a intensidade e a calidade do directo engaiolan. O repertorio é totalmente coñecido , escollido coa intención de que o seu público se divirta e goce da música en directo.

En canto a estilos, destacan o Rock, Pop , Soul ou Blues (Police , U2 , pop español dos 80 , Bruno Mars , Bon Jovi , etc) e ademais de versións tamén compoñen os seus propios temas cos que xa obtiveron importantes recoñecementos. En outubro de 2013 acadaron o 2º premio no Festival da canción do Grove co tema «Siempre cantaré», e en outubro do ano seguinte (2014) o 1º premio nese mesmo festival co tema «Detrás de tu ventana». No 2014, no festival «Ti si que molas» de Maceda, quedaron no 2º posto versionando un tema de Andy MCkee.

1488148_450699291720220_883551183_n

 

También te podría gustar...