Concerto de Sheila Patricia en Valdeorras

  • A música Sheila Patricia chega ao Barco
 
A partir das 22:30 h. deste sábado 22 de agosto,a música Sheila Patricia ofrecerá un concerto que sorprenderá aos presentes, pola súa proposta musical, a espectacular voz que ten e por ser a primeira vez que actúa por estes lares. Chega ao Barco de Valdeorras recomendada por Hermanager Producións e dentro do Ciclo de concertos acústicos «Terrasón 2020» que organiza o concello en diferentes puntos da vila. O lugar escollido para a súa interpretación é a Praza José Otero.
 
Trátase dunha artista total, canta en galego, en castelán, en portugués e en inglés, e con raíces non só do folklore galego senón tamén español e latinoamericano. Sorprende polo seu «vozarrón», a variedade de rexistros e a soltura no escenario a pesar da súa xuventude; unha virtuosa que se nota que mamou a música dende pequena e non para de evolucionar. 
 
Dada a súa calidade non estraña que sexa convidada a grandes festivais como o «Festival Nacional de Folklore» de Cosquín en Arxentina ou que xa fose premiada en concursos como o prestixioso «Certamen Internacional de Jóvenes Cantautores» de Burgos.
 
Sheila Patricia comezou a súa andaina en solitario no 2015 e mestura músicas e ritmos de diferentes lugares do mundo con gran maestría. Pode pasar sun son jazz a un fado pasando por unha canción tradicional galega e aportando tamén temas de composición propia, unha combinación que será un agasallo para os sentidos nesta noite do mércores 14. Ofrece concertos a nivel de Galicia, pero tamén a nivel nacional e internacional.
 
 
 
 
DISCOGRAFÍA
 

«Camiño dos soños» é o seu primeiro traballo. Gravado en Madrid en “PKO estudios”, un dos estudios máis prestixiosos de Europa. Baixo a dirección musical do pianista Gabriel Peso .Trátase dun disco gravado en rigoroso directo a piano, batería, guitarra e contrabaixo como base. Isto significa que soa a concerto, e esta mesma era a intención de Sheila e Gabriel á hora de facer este primeiro traballo, que o disco representase o rito do concerto real. 

También te podría gustar...