la foto

 

Mañán xoves, 5 de febreiro, os/as emigrantes retornados/as de Valdeorras volverán concentrarse diante de Facenda no Barco, ás once da mañá, convocados pola Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras.

Continúan así co calendario de mobilizacións acordado pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados.

Na concentración deste xoves no Barco, contarán co apoio de emigrantes retornados/a da Plataforma de Ourense. Un grupo deles, encabezados pola súa portavoz, Carmen Bolaño, trasladarase a Valdeorras para solidarizarse cos emigrantes da comarca.

Para reclamar XUSTIZA para unhas persoas que tiveron que deixar a súa terra e que agora son discriminados, convidan ao todos/as os valdeorreses a mostrar a súa solidariedade.