Compromiso por Galicia rexistra unha moción no concello da Rúa pedindo maior trasparencia

comunicado compromiso x galiciaCompromiso por Galicia vén de rexistrar unha moción no Concello da Rúa na que se denuncian as práticas escurantistas do goberno local do PP-RUA como a tramitación sistemática pola vía de urxencia e a existencia dunha arañeira de comisións informativas que apenas se convocan e que dificultan un debate claro e ordenado dos temas. Asemade, faise unha proposta de Medidas para a Transparencia na xestión municipal:

– Fin do uso arbitrario da tramitación de urxencia
– Deseño racional de estrutura de Comisións Informativas
– Acceso público às Xuntas de Goberno Local, seguindo a sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de setembro de 2013
– Reforma da web para convertila nun Portal de Transparencia segundo a Lei 19/2013 de 9 de decembro.
O texto da moción foi consensuado con representantes do PSOE (Luis Fernández Gudiña) e BNG (María González Albert) que se comprometeron a defendelo no Concello.

También te podría gustar...