Comezan as XI Xornadas de Enfermería de Ourense co lema «Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”

  • A enfermería de Ourense adica aos coidados dos pacientes crónicos as súas XI Xornadas
  • Con mais de 300 inscritos as Xornadas son a sede central da Enfermería de Ourense en tódalas súas facetas e niveis asistenciais
  • O obxectivo desta edición é a posta en valor do seu papel líder no coidado dos pacientes crónicos adaptando a asistencia á realidade social
  • As xornadas contarán coa presenza de dúas profesoras de referencia na investigación enfermeira: a catedrática da Universidade de Granada, Mª José Aguilar e Norma Mur da Universidade de Cienfuegos (Cuba)
Cartel

Cartel

O Campus Universitario de Ourense es a sede, desde hoxe, do colectivo de enfermería de toda a provincia, reunido por décimo primeiro ano consecutivo nas “Xornadas de Enfermería de Ourense”, organizadas pola Dirección de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, como marco de difusión da labor investigadora da profesión e foro de debate para abordar os principais retos da enfermería na sociedade.

As Xornadas coinciden coa celebración, o vindeiro xoves 12 de maio, do Día Internacional da Enfermería, como ven sendo tradicional desde a súa constitución, por iniciativa da Unidade Docente de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que se integrou posteriormente a Atención Primaria, os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras, e o conxunto de profesionais sanitarios, fisioterapeutas, técnicos superiores e auxiliares, ademais das alumnas da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.

Esta reunión científica, decana no seu sector a nivel galego,  serve para difundir os traballos de investigación publicados ou presentados, ao longo deste ano, en congresos ou simposios autonómicos, nacionais e internacionais, requisito imprescindible para concorrer ao Premio de Enfermería de Ourense, que este ano celebra xa a súa XVIII edición.

O lema deste ano é “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais” e con elo a enfermería quere centrar seus esforzos na responsabilidade dos coidados dos pacientes crónicos, non só os pluripatolóxicos e de idade avanzada, que en Ourense supoñen un altisimo volumen de pacientes, senón tamén naqueles que padecen unha enfermidade crónica, desde a súa infancia ou adolescencia, e que hoxe, cos avances médicos, poden manter unha boa calidade de vida ao longo de toda a súa traxectoria vital, en parte grazas a calidade dos coidados de enfermería. Este tema abordarase en dúas mesas redondas, que contarán coa participación de representantes de dúas asociacións de pacientes,  e nas que se analizará o Programa de Atención a Pacientes Crónicos, que ven de poñerse en marcha en Ourense.

Neste punto, a responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, Eloína Núñez, subliñou a importancia de trasladar á práctica os avances na investigación enfermeira en prol dos coidado de enfermería, pero tamén redefinir no seu papel no coidado dos pacientes crónicos e pluripatolóxicos, non só nos hospitais, senón tamén nos seus domicilios e centros de saúde.

Relevante participación de investigadoras de referencia A conferencia inaugural “Investigación en enfermería, unha aplicación na práctica” correrá a cargo dunha recoñecida referente no ámbito da investigación enfermeira, a catedrática de enfermería da Universidade de Granada, María José Aguilar Cordero.

Xunto a ela, as xornadas contarán coa presenza da profesora Norma Mur Villar, enfermeira materno-infantil especialista, doutora en Dirección da Investigación Científica e profesora da Universidade de Cienfuegos (Cuba), que pertence a distintos grupos de traballo internacionais de investigación enfermeira e impartirá o xoves a conferencia de clausura.

Novamente esta edición das xornadas demostra súa capacidade de convocatoria, completando o aforo máximo da sede que as acolle. En total, mais de 300 profesionais inscritos, que maioritariamente desenvolven a súa labor na provincia, contando tamén cunha importante representación de colectivos do resto da comunidade autónoma e alumnas da Escola de Enfermería de Ourense.

Programa

Programa

FullSizeRender4

 

 

También te podría gustar...