EDM Quiroga

O vindeiro 1 de outubro van a comenzar algunhas das actividades das Escolas Deportivas Municipais de Quiroga como son as actividades de Futbol Sala ou Voleibol. Por mor disto, dende o Concello indican que aqueles rapaces e rapazas, entre 5 e 16 anos, que queran participar nalgunha destas actividades, deberán inscribirse previamente na Casa da Cultura da localidade, onde poderán consultar os horarios das mesmas.