Colaboración para achegar aos emprendedores as claves do éxito

Xunta e Fegaxe reforzan a súa colaboración para achegar aos emprendedores as claves para que as súas iniciativas teñan éxito.

  • O director do Igape, Javier Aguilera, e a presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios, Carmen José López, asinan un convenio para impulsar programas de formación e asesoramento aos novos empresarios
  • Activaranse tamén accións de difusión e sensibilización para potenciar actitudes que permitan construír itinerarios profesionais e laborais exitosos
  • Desenvolveranse encontros empresariais para o intercambio de experiencias en diversos ámbitos na busca de compromisos comúns entre empresas
O director do Igape, Javier Aguilera, e a presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios, Carmen José López, asinan un convenio para impulsar programas de formación e asesoramento aos novos empresarios

O director do Igape, Javier Aguilera, e a presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios, Carmen José López, asinan un convenio para impulsar programas de formación e asesoramento aos novos empresarios

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe) reforzan a súa colaboración mediante un novo acordo para achegar aos novos emprendedores as claves para que as súas iniciativas teñan éxito, no ámbito da Unidade Galicia Emprende.

O director do Igape, Javier Aguilera, e a presidenta de Fegaxe, Carmen José López, asinaron o convenio mediante o cal se desenvolverán diferentes iniciativas centradas na formación e o asesoramento para favorecer a creación e a consolidación de novas empresas con potencial para consolidarse e medrar, procurando que as persoas emprendedoras incorporen ás súas iniciativas empresariais elementos que as doten de viabilidade.

Tamén se prevé o desenvolvemento de accións de formación, difusión e sensibilización para potenciar actitudes que permitan construír itinerarios profesionais e laborais de éxito. Contémplase igualmente o desenvolvemento de encontros empresariais orientados ao intercambio de experiencias na busca de asumir compromisos comúns entre empresas.

A Unidade Galicia Emprende, no marco da cal se desenvolve este novo convenio, fo activada no ámbito do desenvolvemento da Lei do Emprendemento e da competititivade económica de Galicia, e persegue coordinar todos os recursos, tanto públicos como privados, para procurar que ningunha iniciativa empresarial quede sen desenvolver por falta dos servizos, instrumentos ou apoios adecuados ás súas peculiaridades.

Durante a sinatura do acordo, o director do Igape salientou que a cooperación é fundamental para sacar mellor rendemento dos recursos e procurar que as novas empresas medren e se consoliden, destacando a experiencia directa de Fegaxe cos novos empresarios como activo para achegar asesoramento de utilidade práctica para os que están nas fases de lanzamento dos seus proxectos.

También te podría gustar...