BNG pide dimisión do conselleiro de Educación tras a sentenza do Supremo

Tribunal_SupremoO BNG pediu a dimisión do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, pola sentenza do Tribunal Supremo contrario á subvención outorgada pola Xunta a centros que segregan por xénero e acatar «decontado» a decisión xudicial.

A deputada do Bloque Carme Adán afirmou que a sentenza do Supremo «confirma que a medida era contraria á legalidade» e demanda nun comunicado que se faga efectiva a sentenza no próximo curso.

Para a formación nacionalista galega, a política educativa do Goberno autonómico, presidido por Alberto Núñez Feijóo, responde a «unha estratexia continua de recorte do ensino público en favor do privado», o que se traduce na perda de recursos para os centros e redución de emprego, cunha taxa de reposición mínima e a perda de 1.300 profesores nos últimos anos.

Para o BNG, a sentenza non só lles dá a razón aos que se opuxeron a esta medida, o sindicato CIG-Ensino, senón que cuestiona igualmente «o modelo de apoio ao ensino privado en detrimento do público».

EFE.

También te podría gustar...