logo_BNG_o_barcoO grupo do BNG no Barco recolle nunha nota ou comunicado as demandas dos veciños e veciñas de Viloira (O Barco).

Incidan que con data 18 de setembro, os veciños e veciñas da Rúa da Igrexa de Viloira (O Barco), presentaban un escrito, acompañado de cen sinaturas, no rexistro do Concello do Barco. Pedían a solución para os problemas relacionados co “mal funcionamento da rede de evacuación de augas”, para os problemas coa “limpeza da rúa”, co mal estado do “pavimento”, co mal estado das “bocas de incendios”… Afirmaban os veciños da Rúa da Igrexa de Viloira que eles, que pagaban impostos coma todos, tamén demandan “os servizos normais coma o resto de cidadáns”.

O BNG do Barco quere saber en que situación están as demandas dos veciños e veciñas de Vilora.

Desde o BNG esixen ao Concello do Barco que atenda e solucione os probemas da Rúa da Igrexa de Viloira (O Barco), como eles mesmos lle teñen pedido por escrito.