Concello de O Barco

 

El Concello de O Barco ha emitido el siguiente bando al respecto de los residuos de construcción:

BANDO D. ALFREDO GARCÍA RODRÍGUEZ, ALCALDE PRESIDENTE DESTE CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS,
FAI SABER
Que o Concello do Barco está a facer un esforzo considerable para a erradicación dos verquidos
incontrolados no municipio. A aparición de restos en diferentes puntos da nosa contorna, especialment
e no que atinxe aos procedentes da realización de obras, provoca un impacto visual e medioambiental nada desexable. Por elo, o Concello tivo que proceder á eliminación periódica de decenas de puntos de verquidos incontrolados, aínda que a falla de solidariedade de persoas descoñecidas provocou a reaparición dalgúns deles ao pouco tempo, co conseguinte gasto que elo supón para as arcas municipais e, en por ende, paratodos os veciños e veciñas.
Que aquelas persoas que teñan restos pequenos procedentes de obrasmenores (un ou dous cestos), poden utilizar, de xeito GRATUITO, o punto limpo existente no Barco (Viloira, ao lado da ITV), onde
poden depositar os refugallos de luns a sábado, no amplo horario de apertura das instalacións.
Para aqueles que teñan restos de obras un pouco máis grandes, o Concello chegou a un acordo coa empresa Construcciones Afreijo, con sede na R/do Campiño, en Viloira, onde se disporá dun contedor n
o que todos os pequenoscontructores poderán depositar os refugallos procedentes das obras, co único
custo do seu procesado posterior na planta máis próxima. Cando a obra sexade relevancia, os constructores deberán proceder ao aluguer dos contedoresespecíficos para este tipo de actividades, e proceder posteriormente ao seuprocesado.
Se todos poñemos da nosa parte e cumprimos coas obrigas que conleva a realización das obras, seremos quen de acabar cos verquidos incontrolados no noso municipio.