Baile de disfraces no Incio

  • O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces o sábado 26 de febreiro
  • Celebrarase a partir das 18:00 horas na Praza de España
  • Haberá premios para os mellores disfraces
  • Os interesados en anotarse poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina

 

O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado día 26 de febreiro.

A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas.

 

As persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 42 70 14.

También te podría gustar...