Atopan a unha muller falecida no interior dun pozo en Carballo

450px-Viatura_bombeiros_resgate01Os bombeiros de Carballo rescataron esta media noite a unha muller que faleceu tras caer no interior dun pozo de zurro no lugar de Sofandónigo, en Carballo. Ás 00:00 horas desta noite, a Policía Local alertou do suceso ao CAE 112 Galicia.

Os axentes confirmaron que, a muller, faltaba do seu domicilio dende as 22:00 horas e que os seus familiares a atoparan no falecida no foso.

Tras o aviso, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se pasou aviso aos bombeiros e aos servizos sanitarios de urxencia. Tamén se solicitou a intervención da Garda Civil e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.