As vivendas sociais da Casa do Curro en Pantón serán realidade nun ano

O Concello de Pantón vén de adxudicar as obras de acondicionamento e mellora da Casa do Curro para convertela en vivendas sociais. As obras teñen un investimento de 260.000€, 160.000€ corresponden á Xunta de Galicia e os 100.000€ restantes ao Concello, darán como resultado 4 novas vivendas nesta zona de entrada a Ferreira.

 

As actuacións que desenvolve a empesa Contratas Pérez, xa comezaron e teñen un prazo de execución dun ano, polo que en decembro do vindeiro ano terían que estar rematadas.

Aprobouse tamén a adxudicación a Explotaciones Medioambientales da obra do colector de Vilamelle. Esta obra financiada íntegramente polo concello con 113.000€ comezará próximamente e permitirá dar servizo a todo o núcleo de Vilamelle. Despois de esta obras farase a pavimentación de Vilamelle, unha obra de 62.500€ para recuperar todos os camiños e que tamén excutará Explotaciones Mediomabientales.

“Estas obras en Vilamelle veñen a completar actuacións como as que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financia nas parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, co obxectivo de dotar de rede de abastecemento de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos destas parroquias”, lembra o alcalde, José Luis Álvarez, quen tamén anuncia a licitación da obra do camiño municipal de Ribas de Sil a Opaga por 21.000€.

También te podría gustar...