“As catedrais silenciadas» en Monforte

  • O Concello de Monforte acollerá a celebración do concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o vindeiro venres 24
  • A actuación, que leva por título “As catedrais silenciadas», celebrarase o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 h no Edificio Multiusos de Monforte
  • A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria ante o Coronavirus vixente no momento da actuación
  • As entradas repartiranse dende as 18:00 h e a entrada ó salón de actos realizarase ás 19:30 horas

 

O Concello de Monforte de Lemos xunto co AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e dentro do 9º ciclo Cultura no Camiño-Xacobeo 21-22, programa o concerto «As catedrais silenciadas» de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Edificio Multiusos o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 h e cun aforo reducido debido á Covid-19.

A entrada é gratuita ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrega de invitacións realizarase dende ás 18:00 h e a entrada o salón de actos comezará ás 19:30 h.

As Catedrais Silenciadas” é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.

O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

 

 

También te podría gustar...