Arrinca Artelemos

  • A 22ª edición da Mostra Artelemos arrinca cunha aposta decidida do Concello de Monforte pola artesanía de calidade
  • Esta mostra de artesanía consolidada celebrarase na rúa Cardenal do 5 ó 9 de agosto e contará coa presencia de 23 artesáns da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España
  • A inauguración terá lugar hoxe venres 5 de agosto ás 11:30 horas e contará coa actuación Grupo Municipal de Gaitas.
  • Cun orzamento de arredor de 12.000 euros, ademais do espazo expositivo destinado ós artesáns, contará cunha zona polivalente dende a que se levarán a cabo obradoiros para nenos e nenas, elaboración de produtos artesanais en directo, e mostras de oficios tradicionais
  • “Con esta Mostra”, explicara o Alcalde José Tomé Roca no día da presentación deste evento,  “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”
  • O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas

 

A XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022 celebrarase en Monforte de Lemos dende hoxe venres 5 e ata o 9 de agosto na rúa Cardenal, e sendo, como cada ano, a antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do noso Programa Cultural de Verán.

Nesta mostra participan de 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España, que, coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de exposición e venda individuais e agrupados en 6 haimas de 25m2 cada unha, con espazo para 4 artesáns por carpa. A maiores colocarase un espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios.

A Mostra será inaugurada mañá venres 5 de agosto ás 11:30 h da mañá, contará coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, e poderase ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ó longo dos días de duración do evento.

O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde, de 18 a 22 horas.

O Concello destinou un orzamento de arredor de 12.000 euros para a organización desta 22ª edición de Artelemos.

 

Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.

“Con esta Mostra”, explicara o Alcalde José Tomé Roca no día da presentación deste evento, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: coiro, cestería, barro, olería, pintura, complementos, xoiaría, xoguetería, cerámica … En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Na Mostra haberá diferentes obradoiros para nenos e nenas;  estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente. 

 

 
Programación 22ª Mostra Artelemos 2022

Venres 5 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

11.30 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería para nenos e nenas.  Artesá: Luisa Martínez

20:30 a 22:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González

Sábado 6 de agosto:     

10:00 h.-Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich

Domingo 7 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración de estampación “Cianotipia”. Artesá: Pilar Gonda

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cianotipia para nenos e nenas. Artesá: Pilar Gonda

Luns 8 de agosto:          

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila

Martes 9 de agosto:

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.-             Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as.  Artesá: Otilia Arias

También te podría gustar...