- O Concello agasalla con bolsas personalizadas a todos os nenos e nenas
- As instalacións do centro foron adaptadas á normativa e cumpren co protocolo anti-covid para garantir unhas aulas seguras
O Concello do Incio vén de facerlle entrega ao CEIP Ricardo Gasset de bolsas personalizadas co nome de cada un dos nenas e nenas.
As riñoneiras foron personalizadas cos seus nomes e cada unha ten unha cor que se corresponde con cada unha das aulas que ten o centro, que este ano suma 24 alumnos e alumnas.
O Goberno local pretende con este agasallo facilitar o período de adaptación ao alumnado con este material no que cada neno pode gardar as súas pertenzas. A maiores, incorpora unha bolsiña na que poden gardar as máscaras cando van ao comedor.
Ao mesmo tempo, o centro arranca o curso tras ter adaptado todas as medidas e o protocolo anti-covid, o que garante que as aulas sexan seguras. Así, instaláronse dispensadores de xel, disponse de termómetros, sinalización e carteis informativos e outro material complementario para que toda a comunidade educativa poda cumprir as normas.
-
Protocolo anti-covid
Descubre más artículos interesantes de entre 2014-2024 de CTP en nuestro Archivo Histórico donde hemos seleccionado varios de otro enfoque para que puedan seguir siendo accesibles a pesar de estar desde 2025 enfocados en el Mundo Rural.











