Ante máis de 200 persoas, Avelino García promete que reducirá un 50% o imposto para as obras de rehabilitación de vivendas se é alcalde

pikage-Z6A2UZ

 

Máis de 200 persoas se achegaron esta tarde ata o Centro Cultural Avenida para asistir o mitin do Partido Popular da Rúa.

Entre as felicitacións pola xestión económica que conseguiu reducir a débeda do Concello nun 30%, a enumeración das obras feitas durante os últimos catro anos que supuseron unha inversión de máis de 3 millóns de euros e os planes de futuro para a próxima lexislatura, os veciños rueses sairon do vello cine sorprendidos por unha promesa feita polo candidato á alcaldía, Avelino García Ferradal: “se gañamos as eleccións imos modificar a ordenanza que regula o imposto de obras para que os veciños que queiran rehabilitar a súa casa o poidan facer costándolle un 50% menos».

Avelino 1 pequena

 

O encargado en abrir o mitin foi o Deputado no Congreso Celso Delgado. O representante ourensán en madrid destacou que «un pobo tan fermoso como A Rúa merece un alcalde do nivel político, personal, profesional e cultural de Avelino García Ferradal». Nunha intervención marcada polas xestións que fixo na capital en beneficio da Rúa, Delgado indicou que «a maior defensa da lexislatura que agora acaba é o éxito da súa xestión económica en tempos de crise».

DSC02547

 

A segunda quenda correspondeulle ó Voceiro do PP no Parlamento de Galicia, Pedro Puy. «Esta é a crise máis dura que se recorda, pero estamos comezando a sair dela. E iso só se puido conseguir pola xestión responsable de Mariano Rajoy, apoiado en administracións serias e eficaces como a da de Manuel Baltar na Deputación de Ourense ou a de Avelino García e o seu equipo no Concello da Rúa. Por iso, en Ourense e na Rúa hai menos paro hoxe que hai catro anos», aseverou o líder popular en Santiago.

DSC02549

 

Reducción da débeda

O candidato do PP a alcaldía da Rúa, Avelino García Ferradal, comezou o seu discurso dicíndolle a Celso Delgado que vaille lembrar a necesidade de facer canto antes o paso peonil baixo a vía do tren e a nova conexión coa Nacional 120, dous proxectos que xa se están desenvolvendo.

Seguiu agradecendo a número 2 da lista da Rúa, María Teresa Varela, o enorme esforzo que fixo para cadrar as contas do Concello cunha crise durísima. Xestión que fixo que a débeda pasase dun 120 a un 90% sen suprimir ningún servicio.

Por último, tamén numerou as múltiples inversións feitas nestes catro anos por valor de tres millóns e medio de euros. Entre outras a primeira fase da obra de abastecemento e saneamento que comezou nestes días presupostada en 721.000 €. O proxecto enteiro, que se fará en tres fases, costará 2 millóns e medio de euros (as dúas últimas entrarán noutros exercicios).

grupo pequena

 

Maioría absoluta

Baltar pequena

 

Pechou o mitin central do PP da Rúa o Presidente do PP en Ourense e candidato á reelección da Presidencia da Deputación, José Manuel Baltar. “A Avelino teño que agradecerlle o gran esforzo feito durante catro anos como alcalde da Rúa e como Deputado Provincial». O líder provincial do partido pediu “o voto para o PP para que, con maioría absoluta, os veciños poidan seguir disfrutando doutros catro anos de estabilidade e crecemento”.

 

También te podría gustar...