aemetA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará a partir desta mañá ás provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) o fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase nas vindeiras horas no noroeste da Coruña, na Mariña lucense e na zona de montaña de Ourense, con vento que acadará valores de refachos máximos de 100 quilómetros/hora.