Actos principais do Entroido 2015 en A Pobra de Trives

trives

Fai uns días os activicipábamos as datas da celebración dos chamados Xoves de Comadres e de Compadres que iban a desenrolarse no Entroido 2015 de A Pobra de Trives, pero hoxe xa temos o calendario oficial de todas as actividaes que nesta festa imos atopar.

Os días 5 e 12, celebraranse os Xoves de Comadres e de Compadres que os indicábamos.

O día 8 será a data para a celebración do Desfile de Folións, organizado por Folión Os Labregos e que terá a saída de Barreira ás 16:00h.

O día 13, procederase ao Desfile de Comparsas da Gardería, CUIP e IES ás 11:00h, polas rúas do pobo.

O día 16, celébrase o Entroido Infantil ás 16:30h na Praza do Reloxo. Haberá actuacións do Gimnasio TriveSport, animación para os máis pequenos cn obradoiros e chocolatada para todos os asistentes.

O día 17, será no que se celebre o Concurso de Comparsas e Desfile de Folíons, coa saída na Praza do Concello, finalizando cunaha gran chocolatada na Praza do Reloxo para todos os participantes.

Xa o día 18, porase fin ao Entroido 2015 coa celebración do Enterro da Xardiña organizado polo Folión A Lardeira.

También te podría gustar...