Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Xironda

Imagen Archivo

Imagen Archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Xironda.

O lume iniciouse ás 11:35 horas de hoxe e na súa extinción traballan 1 técnico, 4 axentes forestais, 10 brigadas, 3 motobombas, 3 pas e 3 helicópteros. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, supera as 20 hectáreas.

Motobombista dado de alta
Por outra parte, ven de ser dado de alta o conductor da motobomba ferido leve no incendio rexistrado onte na localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Lardeira. Este lume quedou extinguido onte ás 21:25 horas e, segundo estimacións provisionais, afectou unha superficie de 55 hectáreas de monte raso.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.