INAKI OSORIO

 

O Teatro Principal de Ourense acolleu o acto de entrega da XIII edición das Insignias concedidas pola Federación de Asociación de Veciños Limiar, que contou coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e da directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns.

Nesta edición as insignias de ouro en recoñecemento a labor social a favor da cidadanía recaeron en Alejandro Rubín, director xerente de Expourense, e en Cecilio Santaelices, presidente do Banco de Alimentos. No acto tamén se fixo entrega de tres placas ao mérito veciñal, a membros de Asociacións de Veciños en recoñecemento ao seu traballo. Martínez foi o encargado de entregarlle unha placa a Mercedes Martínez, ex presidenta da A.VV. O Castelo.

O acto contou coa actuación de varios grupos musicais pertencentes ao movemento vecinal de Ourense.