A Xunta lanza unha nova páxina web de Augas de Galicia

xunta de galiciaA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de lanzar unha nova páxina web, máis moderna e con contidos máis amplos. Coa nova ferramenta, chegarán ao público en xeral datos imprescindibles na xestión da auga, co fin de acadar a máxima protección do ciclo hidrolóxico. É dicir, agora mellorouse a organización e o acceso á información a nova dirección é: http://augas.cmati.xunta.es

Por elo, unha das claves para conseguir este propósito é a participación de toda a sociedade na xestión e planificación da auga, xa que só coa colaboración dos cidadáns xéranse os consensos sociais necesarios, para a aceptación das condicións baixo as cales podemos disfrutar da auga doce dispoñible.

Outro dos aspectos importantes é que na administración do recursos impere o cumprimento das normas, para elo, a transparencia das institucións é vital, co fin de facilitar o control social da mesma. Os dous elementos citados anteriormente son os máis importantes a ter en conta na xestión da auga e, por isto, Augas de Galicia lanza esta nova web.

Esta páxina ten dez claves nas que desenvolve os contidos desta plataforma, como son: a planificación hidrolóxica; o estado dos encoros da demarcación hidrolóxica; a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) Galicia-Costa; os trámites coa administración hidráulica; e a participación pública. Ademais, poderá consultarse a lexislación sectorial actualizada; ver os contidos con total transparencia; observar as obras de saneamento e abastecemento que se están a levar a cabo; e o control e explotación das depuraras. Por último, tamén ver as redes de calidade das augas e de caudais.

También te podría gustar...