A Xunta destaca os apoios para a creación e crecemento das spin off universitarias no marco da estratexia RIS3

axencia-galega-de-innovacionO director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, destacou hoxe os apoios para a creación e o crecemento e consolidación das spin off universitarias que ten xa en marcha a Consellería de Economía e Industria no marco da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3, que guiará a transformación da economía galega cara un sistema produtivo baseado na innovación.

Varela Rey, que participou en Santiago nunha xornada sobre Innovación e emprendemento con base nas ciencias subliñou que esta Estratexia, coa que se mobilizarán máis de 1.600 millóns de euros entre capital público e privado ata 2020 en proxectos innovadores, suporá un forte impulso para as empresas baseadas na ciencia e no coñecemento, e nomeadamente para as iniciativas empresariais xurdidas dos grupos de investigación universitarios.

O director da Axencia Galega de Innovación destacou que, no marco da RIS3, se está a facilitar xa o financiamento de proxectos innovadores a través de fondos como o i2C ou o fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, que veñen de ser reforzados, ademais de sinalar o impulso da Xunta a iniciativas que apostan polo emprendemento innovador como Galicia Open Future ou Via Vigo.

Ademais, Manuel Varela sinalou a aposta da Xunta por impulsar a transferencia dos resultados da investigación ao mercado, un eido no que está previsto a activación de novos apoios.

También te podría gustar...