A Xunta colaborará na edición dos Premios Martín Codax de Música

Premios Martin Codax de MúsicaA Xunta comunicou hose mesmo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa asociación Músicos ao Vivo no desenvolvemento dos II Premios Martín Códax da Música, para a que hoxe se abre o prazo de recepción das propostas que optarán a un total de 18 modalidades convocadas. O nome dos gañadores desta segunda edición darase a coñecer no transcurso dunha gala que terá lugar o 17 de decembro en Pontevedra.

O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad renova a súa contribución económica á organización deste evento no marco do convenio asinado o pasado mes de maio con Músicos ao Vivo, promotora da convocatoria, e seguindo a liña de traballo conxunto de ambas as entidades no ámbito da promoción e potenciación da industria musical.

Os Premios Martín Códax da Múisca naceron en 2013 co obxectivo de recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, así como de descubrir novos talentos e de achegar a música e o seu proceso de produción ao público. Nesa primeira edición, a convocatoria abriuse a un total de 13 categorías a concurso para as que en tan só un mes se recibiron 521 propostas. Entre os galardoados atopábanse nomes tan coñecidos como Berrogüetto, Narf, Eladio y Los Seres Querios, Treixadura, Mamá Cabra ou Abe Rábade, entre outros. Como o ano pasado, os gañadores recibirán as estatuíñas dos ‘Melómanos’, figuras oficiais dos Premios deseñadas polo artista galego Víctor Lorenzo.

También te podría gustar...