‘A voz do silencio’ en Sober

  • O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober programan un concerto de piano para este sábado
  • A actuación forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ e será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober

 

A soprano Mireia Tarragó e a pianista Carmen Santamaría presentan o sábado en Sober o seu espectáculo ‘A voz do silencio’. O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.

O concerto

Mireia Tarragó

Ao longo da historia, a muller foi en diversas ocasións  subestimada en prol da figura masculina, a mercé da vontade do pai ou baixo a sombra do marido ou irmán. Para romper con este estigma, as dúas músicas pretenden dar igualdade a unhas e outras, con cancións compostas por mulleres tomando poemas de homes, homes que compuxeron tomando poemas de mulleres, e homes inspirados en personaxes femininos de diferente índole. A súa insignia é a difusión e equiparación da presenza feminina no panorama artístico actual. Engaden unha particularidade máis a esta proposta. Unha compositora e un compositor que sufriron a persecución e o horror nazi. Aos dous arrebatóuselles a vida e a voz…  Viktor  Ullmann e  Ilse  Weber, dous prisioneiros no campo de concentración de  Theresianstadt, ambos asasinados en Auschwitz. Con este concerto queren volver dar voz a artistas que, por un ou outro motiva, foron silenciadas.

As músicas

Carmen Santamaría

Comezan a súa traxectoria como dúo en 2016, sendo ambas as alumnas da ESMUC co profesor Francisco Poyato. Actúan en Artte, MNAC e  Goethe  Insitut. En 2019 retoman a súa actividade como dúo actuando en Castro Urdiales e Santander dentro do proxecto ao redor da figura do compositor cántabro Arturo Dúo Vital da artista visual Inés García «Seis cancións populares montañesas». A partir deste proxecto nace o seu primeiro disco da integral das obras do compositor «Arturo Dúo Vital, unha voz en branco e negro» estreando en xaneiro de 2021. En decembro de 2019 foron seleccionadas para participar no concurso internacional de París «Nadia  et  Lili  Boulanger». Tamén participaron xuntas no concurso O Primeiro Palau de Barcelona, no cal foron galardoadas.

 

Programa

Pauline  Viardot:  Twelve  songs  after  poems  by  Pushkin,  Fet  and  Turgenev (selección)

Robert  Schumann:  Sieben  Lieder  nac Elizabeth  Kulmann,  op. 104 (selección)

Clara  Schumann:  Sechs  Lieder,  op. 13 (selección)

Alma  Mahler:  Fünf  Lieder (selección)

Francis  Poulenc:  Métamorphoses, Louise de  Vilmorin

Matilde Salvador: Voces doutro beira (selección)

Viktor  Ullman:  Drei  jiddische  Lieder ( Breulinka) (selección)

Ilse  Weber:  Wiegala;  Und  der  Regen  rinnt

Kurt  Weill:  Nanna’ s Lied