• Nava Castro destaca a potencialidade da Ruta da Camelia como reclamo turístico
  • A nosa Comunidade é o segundo lugar do mundo con máis especies desta planta, despois do Xapón
  • A directora destacou a importancia deste produto para consolidar Galicia como destino multiexperiencial
  • O itinerario turístico percorre unha ducia de xardíns e permite descubrir o patrimonio botánico e arquitectónico da Comunidade
Pazo Soutomaior

Pazo Soutomaior

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a Ruta da Camelia como un referente internacional, pois a nosa Comunidade é o segundo lugar do mundo con maior número de tipos de camelia, despois do Xapón.

Nava Castro apostou pola potencialidade desta ruta como reclamo turístico e para consolidar Galicia como destino multiexperiencial. Neste sentido, expuxo que desde Turismo de Galicia se promociona este produto nas distintas feiras e certames para dalo a coñecer nos principais mercados turísticos. Así mesmo, Nava Castro explicou as grandes posibilidades que ofrece este itinerario, xa que a flor é o fío condutor para descubrir o patrimonio botánico e histórico da Comunidade, permitindo coñecer os recursos naturais e arquitectónicos dunha ducia de xardíns de pazos, fortalezas e casas señoriais, así como viñedos e outros espazos.

A directora de Turismo de Galicia lembrou que esta experiencia tamén permite achegar ao visitante á gastronomía dunha zona ou a outras actividades adicionais.