• O Concello da Rúa estre unha APP Móvil para mellorar a interacción coa ciudadanía
  • “Smartville” atópase dispoñíbel na AppStore e tamén en Google Play para Android

 

La Rua ya es una Smart City!

 

O Concello da Rúa vén de estrear unha nova plataforma de interacción coa cidadanía coa  estrea da App para teléfonos móbiles “Smartville”. A aplicación, que se pode descargar tanto para iPhone como para teléfonos Android, require dun breve proceso de alta como usuari@ e da selección de “A Rúa” como concello de referencia.

Con esta ferramenta a institución municipal dá un paso máis adiante no seu modelo de transparencia e de resposta rápida ante as inquedanzas das ruesas e rueses. Segundo a alcaldesa, Maria G. Albert, é o feedback c@s habitantes da Rúa o aspecto específico que levou ao Concello a decantarse por esta aplicación frente a outras presentes no mercado.

A app ten unha estrutura moi simple de catro apartados: perfil d@ usuari@, noticias –con información actualizada do Concello similar a que se pode atopar na web municipal así como nas redes sociais do concello-; iniciativas –onde a cidadanía pode presentar propostas propias e o concello pode pulsar a opinión cidadá sobre distintos asuntos de interese-; noticias –con información actualizada do día a día do Concello- e incidencias –desde onde @ cidadá/cidadán pode remitir directamente información sobre avarías ou roturas de mobiliario urbano, xardíns, tránsito, lixo, limpeza viaria, alumeado público, beirarrúas, auga… e seguir en tempo real a súa resolución-.

Segundo sinala Albert é este último apartado de incidencias o que supón un reto máis grande para A Rúa, sendo ao tempo o que resulta máis importante e novidoso para o Concello.

A aplicación, que se atopa agora mesmo en período de probas, ten ademais información actualizada sobre o tempo e enlaces directos  á web, facebook e twitter municipais.

Descarga: http://www.smart-ville.es/es/

Conecta coa tua Cidade