1 1 1 1 2015 Guerreiro

 

“Elízara, lugar onde non estiven” é o título da exposición coa que Xoan Guerreiro (Xove-Lugo, 1956) trae a Ourense por primeira vez a súa obra nunha exposición individual e que supón a representación máis novidosa da nova figuración galega. A mostra, que se pode ver no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense ata o vindeiro día 7 de xuño, recolle os traballos máis recentes deste artista que combina a súa visión do mar cunha notable presenza de espazos urbanos.

Guerreiro, que vivíu algún tempo en Ourense “e do que teño uns recordos magníficos”, refírese ao título da exposición “coma un comodín para cando me preguntan reiterativamente, ¿onde é este sitio? Pois, son lugares creados, para descubrir cada espectador e non para dicir onde está”.

Recoñece o autor que a súa ausencia dos espazos expositivos de Ourense “faime ser bastante descoñecido pictóricamente entre os ourensáns”, limitación que agarda superar con esta mostra “neste expléndido espazo expositivo”.

O director do centro cultural, Francisco González, salientou a importancia que para o centro ten traer a Ourense a un dos representantes máis importantes da nova figuración galega e ofrecer á cidadanía o traballo dos artistas máis representativos da plástica do país. A exposición ábrese ao público esta tarde, ás 20.15 horas.