A importancia da innovación comercial para reforzar a competitividade do comercio de proximidade

  • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou nun obradoiro para mellorar a xestión do comercio de proximidade organizado pola Cámara de Ourense
  • Subliña que o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia destina un 40% dos seus recursos á potenciación do smart commerce e o comercio en liña

camaraA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou onte durante a súa participación nun taller para a mellora na xestión do comercio de proximidade organizado pola Cámara de Comercio de Ourense a importancia da innovación comercial para reforzar a competitividade do sector.

No encontro, centrado na innovación e a atracción de clientes, e que se enmarca no terceiro Plan Integral de Apoio ao Comercio Minorista da Cámara de Comercio de Ourense, lembrou que a Xunta destina un 40% dos recursos do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia ao smart commerce e o comercio electrónico, avanzando nun novo modelo de comercio intelixente que sitúe o cliente no centro da súa estratexia.

O plan céntrase ademais de neste reto, na mellora da competitividade, afianzando un comercio actual e xerador de riqueza; e a potenciación do comercio excelente, traballando na dinamización comercial e a mellora continua do servizo.

Entre os obxectivos que se fixan nesta folla de ruta están incrementar nun 15% os emprendedores que traballan no comercio galego; triplicar a porcentaxe de establecementos que venden na rede, alcanzando o 14%; e incrementar nun 10% o número de comercios que se asocian para competir.

También te podría gustar...