1 1 1 1 1 1 1 1 Presentacin libro o proceso de electrificacin no noroeste ourensn

 

Na sala de prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, tivo lugar onte a mañá a presentación da publicación “O proceso de electrificación do noroeste ourensán” que edita a Deputación de Ourense. No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e os autores da publicación Xosé Luis Sobrado Pérez e Francisco Xosé Fumega Piñeiro.

Durante a presentación, Manuel Baltar, salientou que nos últimos tempos “fumos capaces de transformar o servizo de publicacións da Deputación que é a única institución que con certa periodicidade publica traballos vencellados á provincia de Ourense aprobando unha ordenanza de publicacións que contempla a creación dun Consello de Publicacións no que están integrados organizacións como a Real Academia da Lingua, como a Universidade, a propia Deputación e técnicos recoñecidos no ámbito da cultura e das publicacións”.

O presidente provincial afirmou que como todas estas convocatorias son en concorrencia competitiva “publícanse os mellores traballos, tecnicamente máis defendibles, e este libro é un deles, que aborda o proceso de electrificación do noroeste ourensán”.

Pola súa banda, o autor Francisco Xosé Fumega, ratificou a calidade do servizo de publicacións da institución provincial e engadiu que este tipo de publicacións “poñen en valor o patrimonio industrial da provincia de Ourense”.

O outro autor do libro, Xosé Luis Sobrado, fixo un breve resumo do que os lectores encontrarán na obra, “céntrase no noroeste da provincia de Ourense e incluso nos saímos dela. O libro é fundamentalmente de persoas e despois de empresas. Persoas que foron capaces de converter un muíño vello en electricidade”. Un libro que, segundo o propio autor, servirá de punto de arranque de futuras investigacións, de feito xa adiantou que están a traballar nunha nova publicación.

O presidente da Deputación de Ourense enxalzou o traballo dos autores da publicación, “alabo o traballo, a dedicación dos dous estudosos investigadores que están a traballar tamén en outras cuestións relacionadas co patrimonio industrial da provincia que seguramente tamén terán acollida en próximas convocatorias desta Deputación para publicar obras de interese provincial”.