1 1 1 1 1 1 1 1 RF na presentacin da I carreira e andaina en A Veiga

 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar esta mañá a presentación da primeira edición da Carreira e Andaina Popular que se celebrará o domingo, 16 de agosto, no Concello de A Veiga. No acto estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta, o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González e o director técnico da Delegación de Atletismo de O Barco de Valdeorras, Agustín González.

Este ano por primeira vez, o Concello de A Veiga organiza xunto coa Deputación de Ourense, unha carreira e andaina popular polo que, Rosendo Fernández, durante a presentación desta actividade deportiva, felicitou ao Concello de A Veiga por levar a cabo este tipo de eventos porque, tal e como manifestou, “o deporte é competitividade e saúde e desde a Deputación de Ourense queremos estar ao carón do deporte e da cultura e en pleno verán estamos a dar actividade para que os turistas que se acheguen á provincia vexan que en Ourense se fan cousas”.

O encargado de explicar os aspectos técnicos desta actividade deportiva foi Agustín González que puxo en valor o entorno que ofrece o Concello de A Veiga polo que vai a discorrer a andaina e a carreira popular. Trátase dun recorrido de 8 km que sae da Praza do Concello e transcorre por estrada local. A andaina sae ás 11:00 horas, antes que a carreira xa que os participantes desta última farán o trazado en menos tempo. Ao remate de ambas as dúas actividades, a partir das 13:00 horas será a quenda para os máis cativos, pois realizaranse carreiras en distintas categorías para todas as idades.

Ata o momento xa contan con 30 inscritos, pero todos os interesados en participar nesta cita co deporte no Concello de A Veiga poderán facelo na páxina www.carreirasgalegas.com, e a inscrición terá un custo de 3 euros, sendo as carreiras das categorías pequenas gratuítas.

Pola súa banda, Juan Anta durante a presentación explicou que “o deporte debe ir vinculado ao turismo por iso organizamos esta primeira edición da carreira e andaina popular en A Veiga para o mes de agosto por contar con un gran número de visitantes”. E engadiu, “queremos traballar xuntos coa Deputación de Ourense para promover o deporte e os seus valores, o deporte é clave para o turismo e desde o Concello de A Veiga imos a promovelo sempre”. De feito nesa mesma liña anunciou que o Concello de A Veiga xa solicitou o Campionato de Galicia de Trail para o vindeiro ano.

Bernardino González, desexoulle longa vida a esta iniciativa “esperemos que sexa o primeiro paso dun longo camiño e que siga funcionando porque o deporte é saúde”.