A Deputación de Ourense organizará xunto co Círculo Poético Ourensán o «6º Encontro Internacional de Poesía»

1 1 1 1 1 1 1 MB e Morgade

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a José Ramón Morgade, presidente do Círculo Poético Ourensán, única entidade destas características en Galicia onde a poesía ten un peso propio e referente en España pola actividade sólida e dinamizadora que desenvolve. Manuel Baltar destacou tralo encontro que o labor que leva a cabo o Círculo Poético Ourensán «entronca directamente coa tradición literaria e poética da provincia de Ourense», polo cal o presidente do goberno provincial comprometeuse a que a Deputación de Ourense «co-organizará en outubro, xunto co Círculo Poético Ourensán, o 6º Encontro Internacional de Poesía, un evento único en Galicia que é referente no se ámbito».

Ademais deste proxecto, Baltar e Morgade analizaron a posibilidade de poñer en marcha nos vindeiros meses un programa de ámbito provincial para achegar a poesía aos máis novos a través dos centros educativos.

También te podría gustar...