A Consellería pecha Ciclos Formativos para o curso 2015/16

CCOO EnsinoA Consellería pecha Ciclos Formativos para o curso 2015/16 afirman dende CCOO – Ensino.

CCOO Ensino denuncia a perda de 3 ciclos formativos de FP para o vindeiro curso na provincia de Ourense.

Tras a xuntanza do Consello Galego de FP mantida o día 12 de xuño de 2015, a consellería decide pechar 3 ciclos formativos na provincia de Ourense:

  • IES DE CELANOVA (Ciclo Medio Instalacións Eléctricas e automáticas)
  • IES CIDADE DE ANTIOQUÍA (Xinzo) (Ciclo Medio de Xestión Administrativa)
  • CIFP PORTOVELLO (Ciclo Superior Educación Infantil). Desaparece en modalidade modular e pasa a ser a distancia.

CCOO Ensino, manifesta o seu rexeitamento a unha medida indiscriminada, que só ten o obxectivo do ataque o público e o desmantelamento da FP nas vilas galegas.

CCOO Ensino, lamenta que a consellería se adique o peche da FP nun momento onde se debe dar resposta as necesidades dos traballadores, que cada vez máis, están a solicitar esta formación.

Esta maneira de actuar non ven máis que a constatar a hipocresía da Consellería de Educación na súa «aposta pola FP», unhas ensinanzas, con crecemento exponencial nos últimos anos que contrasta coa mingua á que as somete a administración ano a ano.

CCOO Ensino, esixe que a consellería de educación aclare que tipo de FP quere para galiza, unha na que se crean CIFP (Centros Integrados de FP) de gran redito político ou unha FP que atende ás necesidades económico-productivas reais da xeografía galega.

También te podría gustar...