A ampliación de 15.736 m2 do parque empresarial de Quiroga licitada por máis de 350.000 euros

  • A Xunta licita as obras de urbanización dunha nova fase do parque empresarial de Quiroga
  • Os traballos previstos no parque empresarial de Quiroga permitirán a creación de 11 novas parcelas
  • O importe de licitación desta obra é de 356.000 euros

 

1A Xunta de Galicia, a través da sociedade pública Xestur, vén de licitar as obras de urbanización dunha nova base do polígono empresarial de Quiroga.

A empresa pública Xestur iniciou o proceso de contratación destes traballos por encomenda da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cun orzamento previsto de máis de 350.000 euros.

Urbanizarase o polígono D do parque empresarial dado que no mesmo existe demanda de solo e as parcelas urbanizadas están esgotadas.

As obras consistirán fundamentalmente na prolongación dun vial xa existente ata o límite do parque empresarial, resultando 11 parcelas destinadas ao asentamento de empresas. A ampliación contará cunha superficie de 15.736 metros cadrados.

O importe de licitación desta obra é de 356.000 euros, cun prazo de execución de dous meses.

También te podría gustar...