Cabalgata de Reis o día 6 de xaneiro no Incio

O Concello do Incio e a Asociación Cultural As Xeitosas organizan unha cabalgata de Reis para o vindeiro día 6 de xaneiro.

A saída das Súas Maxestades farase ás 17:30 horas da residencia da terceira idade. O percorrido rematará no local multiusos do Concello do Incio onde haberá agasallos, roscón de reis e chocolate quente para todos e todas.

A partir das 16:00 horas un paxe real estará no local multiusos preparando a entrega de agasallos que queiran achegar as familias.

 

Descubre más artículos interesantes de entre 2014-2024 de CTP en nuestro Archivo Histórico donde hemos seleccionado varios de otro enfoque para que puedan seguir siendo accesibles a pesar de estar desde 2025 enfocados en el Mundo Rural.

Scroll al inicio